O POZO

En galego, para que o meu amigo brasileiro Marco Pedrosa poida entendelo mellor
¡ Tolos !
¡ Que cabe esperar de dous tolos !
Un incesante ir e vir de paquetes postais, chamadas telefónicas e Emails, voando de Rosario á Coruña, da Coruña a Rosario.
Libros, peles, papeis...... emocións, ideas e algunha que outra camiseta do "Rosario Central"
Unha tolemia.......e risas, sobre todo risas.
Non sei quen pariu a idea.
En realidade si que sei:
ALFREDO MATEOS.
El
é o maldito culpable, Alfredo pariu a idea.
Comentouno un día tomando un mate.
Estabamos ao teléfono
Eu dixen:
- ¡ Non !
Aos dous minutos........ cambiei de idea.
Dous meses traballado e gozado xuntos; risas, moitas risas, sobre todo risas.
Fai tempo que non me divirto tanto e podo asegurarvos que é a vez que máis gocei encadernando un libro.
¡ E ata conseguiu que encaderne....... !
Hoxe parte para Rosario o último paquete certificado.
Rogo, a quen queira oírme, para que chegue feliz ao seu destino.
A TOLEMIA
A principios de outubro propuxémonos o proxecto: a encadernación dun libro, O POZO.
Unha impactante obra sobre os presos e as torturas na ditadura arxentina.
O deseño e a construción dunha encadernación.
Dous amigos: un rosarino e un coruñés traballando xuntos para unha exposición.
Caseta de EARA na 36º Feira Internacional do Libro de Bos Aires.
Alfredo Mateos, une os cadernos, pinta os papeis, rotula camisa e lombo.

O Pozo e mans en vermello
Non é un proxecto fácil e 10.000 son moitos quilómetros.
Penso nos barrotes das cárceres, no tenebroso das celas, no sangue dos torturados, nas mans dos verdugos e así vai desenvolvéndose o deseño.
C
óntolle que en España tamén sabemos diso, pois se Arxentina foi odio e mortos, na miña terra........ na miña terra somos mestres.
Un fondo gris azulado, barrotes negros, mans ensanguentadas, tipografía en vermello.

Toca agora pensar nos materiais e en como imos montar todo isto.
OS PRIMEIROS PAQUETES

O rosarino cose os libros e mancha os papeis que imos utilizar para gardas e estoxo.



Só é acrílico


Coma un neno



Listo.
Dous libros, papeis coas pegadas de Alfredo e unha camiseta do Rosario Central.
¡ A mín non me gusta o futbol !
E xa teño 4 camisetas do Rosario Central.
En principio iamos encadernar dous libro, ao final quedouse un.

Á oficina de correos...


Tivo problemas coa empregada de correos.
Non quería que a fotografasen. Que pensaría que contiñan os paquetes?

¡ De tal pau.....! a nai de Alfredo.

¡.....tal acha ! Belén Mateos, a súa filla.

E aos nove días....

O primeiro paquete chega á Coruña.

Bufff....as mans do verdugo.
Ben, agora tócame traballar un pouco.
Onde atopo esas peles? E eses tons?
En España, nestes tempos, as peles adoito mercalas en Clan, ten a vantaxe que xa as venden divididas; En Francia: Relma, Jullien ou Sofic.
Co negro non hai problema mais o gris xa é outra historia.
Logo de ollar unha chea de catálogos, en SOFIC, unha pel lisa é do mesmo ton: Veau Aniline 9725.

Mercar en Sofic é fácil e sobre todo rápido, moi rápido.
Se non dispós do catálogo podes entrar na súa páxina: http://www.sofic-cuir.com/
Pensa o que queres e envíalle un correo a Valérie Klein, valerieklein@sofic-cuir.com -que por certo, fala español- ela reenviarache a factura co nº de pedido e podes pagar a través da Web.
Aos tres días chegou o paquete dende París.


Son enormes

As dúas peles, IVE e portes incluídos: 250 Euros

Córtoas en tiras de 48 cm. e llas envío a Jesús Cortes.

Enlace
Tamén adoito envialas a Bonanni, en Francia.
É un gran profesional, ademáis do dividido das peles, se ti lloindicas e lle preparas unha maqueta, ou lle marcas na pel o que queres facer, rebáixacha para que ti só a teñas que montar.
Cellas, cofias, encaixes, bandas para camisas, estoxos, caixas .. etc.
ATELIER BONANNI
Parage de cuirs - Spécialiste de la reliure
Quartier Prague
Route de Puyloubier
13530 TRETS
Tel/Fax : 04 42 29 38 38
BONANNI.P@wanadoo.fr

Aquí temos o deseño en papel
As peles xa están rebaixadas, agora hai que pensar no que queremos facer.
Na estrutura do libro, en como van ir montadas e tamén na distancia, sobre todo no tempo e a distancia; en que teño que enviar o libro á Arxentina para que o rotule.
Non pode haber erros e, se os hai, que se poidan corrixir.
O lóxico sería rotular o libro unha vez rematado, Alfredo para rotular vai utilizar o volante, podo entón enviarlle a tapa xa montada -pero arriscome a que poida haber algún erro- , ou varias peles negras; cubrir despois o libro e facer incisions para as bandas grises.
Vou ó máis sinxelo, enviareille varios anacos para o lombo e camisa e montarei a pel unindo pezas.

Papel Cansón, tipografía, bandas de pel e película de cores.

A Rosario

Chegou a Rosario

Os tipos e as indicacións.



Listo

De volta en España

Seguiu divertíndose coas mans.

Así van ir montadas.
Unha encadernación en tapa solta.
É sinxelo, pero podemos ter problemas coa estabilidade das tiras de pel.
Pegámoslle pola carnaza un papel Xapón moi fino, isto daralle estabilidade e consistencia.

Cabezada en pel.


As gardas co mesmo deseño, tiras de carnaza da mesma pel


As cofias.


Listo




As mans de Alfredo


Esta é a camisa





Imos agora co estoxo.
Como vistes, non expliquei ningún paso no proceso da encadernación do libro -non é este o arquivo axeitado- tentarei volver facer a mesma encadernación, paso a paso e co mesmo deseño, sobre algún libro que trate da brutal represión nos anos posteriores á guerra civil española.


As tripas

A boca en pel

O punto de ante negro marca o pé

Listo






Libro, camisa e estoxo
Só resta facer o paquete e envialo á miña Arxentina querida
A Coruña, hora do almorzo.
Oito da mañá en Rosario
- ¡ Encadernación integral !
- Chegouche o paquete?
- Cabronazo....Galego Cabronazo.....si..si...chegou o paquete.
Piiiiii....Fiiiiiiiiii......Piiiiiiiiii......Fiii.......
- Que é iso ?
- É na rúa; outro galego.
- Que dis?
- É o afiador, está tocando o chifre.
¡ Non o podo crer !
- Pregúntalle se é de Ourense ?
- Espera que o chamo e póñoo ao teléfono.
¡ Meu Deus ¡
Sae á rúa, toma do brazo ao afiador e pono ao teléfono.
¡ Era de Ourense !
O afiador era rosarino, non era de Ourense.
O seu avó, era de Ourense.
E el sigue afiando e tocando o chifre en Rosario.
¡ Non o podo crer !

Afiador galego en unha rúa porteña. Bos Aires 1880.
Archivo General de la Nacion
O ÚLTIMO PAQUETE

En correos. Mans ansiosas






Como podedes ver polas súas caras, o paquete chegou felizmente.
E á Coruña chegou outra camiseta.
Unha camiseta, e aínda que non volo creades, un chifre.
O chifre mandoumo o meu paisano, o afiador.
Saíu de Galicia e volve a o lar, dixo.

Se queredes saber máis sobre o chiflo, podedes picar na foto

Así soa a miña terra
Non hai máis que dicir ........
Esta vez a camiseta non é de futbol.
Os Caranchos de Rosario.
¡ Como se decatou o cabronazo este, que a min tampouco me gusta o rugby !

fronte o espello
FIN
2010 Aquiseencuaderna.com